Propostas do BNG para Parroquias Santacruz e Cabaleiros

PROPOSTAS DO BNG PARA PARROQUIAS DE SANTACRUZ E CABALEIROS

PARQUE INDUSTRIAL EN OS CHAOS. O BNG apoia a construción dun Parque Comarcal en Os Chaos. Pola contra, o grupo de goberno do PP no concello non levou ao pleno o apoio solicitado pola Plataforma Cidadá creada para reivindicar a construción dun Parque Empresarial en Os Chaos; apoio que si recibiron dos outros concellos da comarca. Ao PP de Lobeira non lle interesa a instalación dun parque industrial no seu termino municipal.
AREA LÚDICO-RECREATIVA E DE LECER no entorno do encoro das Conchas, con instalacións que permitan a práctica de deportes náuticos. Posta en marcha do “embarcadoiro” de Os Chaos e limpeza da área recreativa.
TERREOS PARA DOTACIÓNS NA PONTE PEDRIÑA: O BNG presentou no Concello un documento coas sinaturas dos veciños de Santacruz e Cabaleiros para cesión dos terreos necesarios no monte para construción de infraestruturas comarcais da Baixa Limia.
LOCAL DE ENSAIO como plataforma de difusión cultural en dependencias en desuso do poboado das Conchas; fomentar a creación de grupos musicais.
Compromisos do BNG de Lobeira para parroquia de Santacruz:
• Asuntos Sociais. Axuda no fogar: apoio a persoas e as familias con serias limitacións para realizar as súas actividades, potenciando a autonomía persoal.
• Abastecemento auga corrente na Pontepedriña.
• Arranxo, manteñemento e limpeza das fosas sépticas.
• Arranxo das fontes dos lugares e limpeza de camiños e pistas en xeral.
• Axudas para rehabilitación de casas antigas, antes que construír.
• Remate rede de sumidoiros en Labandeira; arranxo fonte de Carreiras.
• Camiño de Filgueira ata o Quintairo. Camiño de Viñoá en Tedós ata Pontepedriña.
• Desbroces para cazadores e gandeiros.
En Ermille: camiño de Cacheiró ata a canella da Cal e solución ao problema da fosa séptica e da rede de sumidoiro.
GAIÁS: solución ao abastecemento de auga corrente. Camiño da Pousa e camiño de Cimadevila. Arranxo poza e fonte en Cimadevila. Arranxo poza e fonte en Gaiás debaixo. Remate pista en Gaiás debaixo.
OS CHAOS: rehabilitación do forno. Arranxo tubarias de regadío na pista nova. Arranxo e limpeza camiño dende Fradalvite a Os Chaos.
CABALEIROS: Remate da rede de sumidoiros. Fonte do lugar darriba, poza e accesos a fonte. Pista de Baldoi e recuperación do Poldrado sobre o Río de Grou. Axuda para novas captacións de auga corrente e construción dun novo depósito. Camiño de Cabaleiros a Santacruz. Arranxo e limpeza de camiños en xeral.
Os candidatos do BNG da parroquia de Santacruz son Fátima Rodríguez da Ponte, Dolores Feijóo de Gaiás, Lito e Iago Fernández de Santacruz Jaime Cristino de Ermille.

miércoles, 20 de abril de 2011

Contestación do BNG de Lobeira a entrevista do Alcalde no Faro de Vigo do 8 abril

A chegada do BNG ao goberno de Lobeira é imparable. O alcalde ten os días contados e sabeo. A proba son as declaracións do alcalde na prensa onde utiliza a descalificación, a mentira e as verdades a medias. O BNG non só non comparte este xeito de facer política senón que condena toda forma de expresión que utilice a calumnia, a infamia, etc...o diga quen o diga e se faga onde se faga.
O BNG non vai entrar a ese trapo. Agora é o momento non das descalificacións, senón de dar solucións aos problemas reais de xente.
Nós temos un proxecto para cambiar Lobeira. O que importa son as persoas e no noso proxecto as persoas son o primeiro.
Queremos implementar medidas de reactivación económica, de favorecemento para a creación de emprego e de fixación de poboación, non empadroando masivamente a xente que nada ten que ver co concello.
 Somos e representamos o único proxecto solvente, críbel e de futuro.

martes, 19 de abril de 2011

Candidatura presentada polo BNG


BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
(BNG)
CANDIDATURA DO CONCELLO DE LOBEIRA

Antón Álvarez Álvarez, de Lobeira
Eduardo Álvarez Álvarez, de Vilariño Sanxés
Fátima Rodríguez Álvarez, da Pontepedriña
Dosinda Álvarez Domínguez, da Fraga
Mª Dolores Feijóo León, de Gaiás
Manuel Adán Álvarez, da Canle
Eliseo Fernández León, de Santacruz

Julio Juan García Golpe, "Medela"
Francisco Javier Suárez Martínez, de Taboazas
Antonio Fernández Araújo, de Facós
Felipe Álvarez Domínguez, de Torneiros
José Antonio Rodríguez Fernández, de Vilariño Sanxés
Iago Fernández Álvarez, de Santacruz
Iván Rodríguez Delgado, de Sabariz
Jaime Cristino González, de Ermille
Mª José Juncal Alves, "Practicante de Lobeira"
Manuel Israel Salgado Castro, de As Quintas

martes, 12 de abril de 2011

Impugnación censo electoral de Lobeira

SR./A DELEGADO/A PROVINCIAL OFICINA DO CENSO ELECTORAL

DATOS PERSOAIS E DA ORGANIZACIÓN BNG........................, designado como representante xeral perante a Xunta Electoral Provincial de Ourense, comparece e DI:

 Por medio do presente escrito, e de acordo co establecido no artigo 39.4 da LOREX e na Instrución da XEC 1/2011, do 24 de marzo, formúlase IMPUGNACIÓN do censo electoral da circunscrición electoral de LOBEIRA (Ourense),  polo incremento significativo e non xustificado do censo electoral que deu lugar á comunicación prevista no artigo 30.c) da LOREX, fundándose en:

PRIMEIRA.- Ao longo dos últimos anos no concello de Lobeira o censo sufría descensos cifrados entre 60 e 80 persoas, debido á evolución demográfica negativa, Precisamente ao longo do último ano (1.1.2010 a 31.1.2011) esa tendencia inverteuse, sen que houbera xustificación para iso, pois a tendencia demográfica nos concellos da comarca sigue a ser negativa, habendo unha variación de altas por cambio de residencia de 78 persoas.
Esas variacións prodúcense no ano anterior á celebración de eleccións locais, co ánimo de adulterar o censo electoral, pois non se corresponden cun incremento real da poboación residente, senón cunha inscrición exclusivamente motivada para exercer o dereito de voto en Lobeira.
A evolución demográfica de Lobeira era análoga á de moitos concellos rurais da provincia de Ourense, afectados polo avellentamento poboacional que motiva un maior computo de baixas de poboación que de altas, e o comportamento deste último ano é anómalo, non só comparado coa dinámica do concello de Lobeira nos últimos anos, senón cos concellos de similares características da comarca ou da provincia.

 SEGUNDA.- Xa que logo, debe procederse a revisar e dar de baixa do censo electoral definitivo para as vindeiras eleccións todas as altas por cambio de residencia habidas no censo electoral de Lobeira desde o día 1 de xaneiro de 2010 até 31 de xaneiro de 2011, cuxo listado se adxunta (todas (60) as altas relacionadas nas follas 2 a 6, así como as 8 inscricións anteriores a 31.01.2011 das follas 7 e 8), que foi facilitado polos servizos do concello.

TERCEIRA.- Particularmente, figuran censadas persoas que, alén de non residir como moitas das reflectidas no anterior listado, non teñen ningunha relación con Lobeira, e cuxa inscrición se impugna especificamente: 
RELACIÓN DE 20 PERSOAS QUE SE OMITEN NESTE BLOG COMO É OBVIO 

En suma, as persoas citadas figuran residindo na súa maior parte en vivendas do Sr. Alcalde ou de persoas con parentesco ou afinidade co mesmo, sen que poidan acreditar residencia efectiva e habitual no concello de Lobeira, alén de que incluso algunhas das persoas citadas figuran residindo en locais inhabitábeis. A estes efectos, achéganse fotografías dalgunha das casas e solares nos que foron censadas ditas persoas, que non teñen condicións para poder residir habitualmente.

CUARTA.-  O incremento detectado no último ano responde a una estratexia do Sr Alcalde, como el recoñeceu en días recentes ao xornal “Faro de Vigo”, onde declarou na edición de Ourense de 7 de abril:
Y justifica las altas, argumentando que parte de ellas corresponden a personas que se incorporaron al Obradoiro de Emprego y a otras que tienen la esperanza de lograr contratos para incorporarse a las brigadas de verano de la administración local. "Otros están esperando, porque con eso de la declaración de la zona como reserva de la biosfera, a lo mejor cae algún puesto de trabajo por ahí".
El alcalde advierte que "de momento" no le puede ofrecer nada a nadie, ni a sí mismo, "porque este es un ayuntamiento pobre, pero a lo mejor cae algún puesto de trabajo por ahí". Y agrega, a renglón seguido: "Con la crisis que hay, la gente trata de buscar un puesto de trabajo, no le puede parecer mal a nadie".”

En suma, recoñece un aumento das altas que non teñen a ver con residencia real, senón -segundo a súa xustificación- coa procura de emprego, que desde logo non discutimos o dereito a realizala por quen está desempregado, mais non a adulterar censos de poboación e electorais, inscribíndose alí onde non reside habitualmente.
Aínda que poidamos diverxer de se ese é o motivo real das altas significativas de Lobeira desde o 1 de xaneiro de 2010 até a data de peche do censo electoral para as vindeiras eleccións municipais, o certo é que se admite unha xustificación das mesmas por motivos laborais e non por motivos residenciais, única causa que se admite no Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial para realizar a alta censal.

Xa que logo, SOLICITA
Que teña presentada a presente impugnación, e na súa virtude, se dite resolución pola que se anulen as inscricións censais no concello de Lobeira por alta de residencia desde o 01.01.2010 até o 31.01.2011, ao non estar debidamente xustificadas, ou subsidiariamente, se anulen as inscricións censáis das persoas que se reflicten no apartado 3º deste escrito, todo iso polos motivos indicados no mesmo.

Ourense, 11 de abril de 2011

sábado, 9 de abril de 2011

Información electoral: voto por correo

Solicitude voto por correo dende 29 marzo ata 12 maio; os electores que o soliciten,  poden remitir o voto por correo as mesas electorais ata o 18 maio.
Para os residentes que na data do 22 maio van estar temporalmente no estranxeiro, poden solicitar votar por correo ata o 22 abril (enlace ao BOE para baixar a solicitude:  http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2007-21501; tamén poden remitir o voto por correo as mesas electorais ata o 18 maio.  

O BNG reivindica limpeza no proceso electoral

O BNG de Lobeira demanda acordos para unha campaña electoral limpa, respectuosa e democrática.
O BNG valora negativamente que Lobeira apareza sempre asociado a chanchullos no censo, a obras privadas a particulares (camiños, farolas, cemento, tubos) e a falta de ética política.
Os candidatos debemos comprometernos a trasladar unha imaxe limpa da campaña electoral, por respecto aos veciños.
O Alcalde non debe empregar os recurso e medios municipais para favorecer as súas aspiracións electorais, nin debe coller ventaxa recorrendo ao fraude electoral. 
Campaña limpa, na que cada candidato poida expresar o modelo de concello que quere para Lobeira e os electores non se sintan coaccionados por ninguén, senón que poidan decidir libremente o seu voto sen que ninguén llo poña no sobre.
Do incremmeto significativo e inxustificado do censo só queda esperar as resolucións da OCE. 

jueves, 7 de abril de 2011

Fraude electoral con probas

Aparte das dúas persoas que censou na casa da noiva en Senderiz, o Sr. Alcalde, dende setembro a novembro 2010, censou no fondo de As Quintas, na casa do seu "concuño", a seis (6) persoas que ninguén do pobo coñece. Deso non fala nada na prensa, das persoas que censou en Lobeira de xeito anómalo; só fala que non é unha bodega, que é unha casa vella axeitada.., bueno, cando menos recoñece que censou xente, que tamén é unha proba.
O incremento do censo en Lobeira é especialmente polémico, non só polo volume dos novos empadroamentos (78 no último ano), senón tamén polos sitios ou dependencias onde se producen as altas. Non podemos aceptar correccións baseadas en declaracións xuradas de residencias asinadas, ou con cambios de residencia voluntarios dos implicados, nin tampouco certificacións de residencia expedidos polo concello porque suporía falsidade de documento público.
No caso que nos ocupa, só aceptaremos que o concello dea de baixa os empadroamentos irregulares por cambio de residencia, que non son todos, aparte de solicitar a exclusión dos censados na bodega e casa do alcalde, no concello vello, no solar sen casa, na casa do cuñado de As Quintas, na casa da noiva, etc.
Unha persoa que reside en Ourense, que nada ten que ver con Lobeira, e que acaban de adxudicarlle a dirección do módulo de xardinería do obradoiro de emprego, pretenda xustificar cambio de residencia empadroándose na casa do alcalde................¿como lle chamades a isto? FRAUDE ELECTORAL, así está tipificado na reforma da lei electoral.
Tamén pode ser que queira pagar con votos o posto de traballo.

lunes, 4 de abril de 2011

Máis fraude electoral...

O 17 e o 23 novembro 2010, censáronse en Senderiz dúas persoas que nadie no pobo coñecen nin nunca viron por ningún sitio.....,...é que non lles soan de nada, nin nome, nin pai, nin nai, nin nada que se lle pareza. ¿¿Serán os pantasmas de Senderiz??. O mellor baixan tódalas noites dende a Cova do Ladrón do Corno Dourado a por víveres... ¿Quén sabe?.
¿A QUE NON SABEDES EN QUE CASA SE CENSARON?. Pero que mal pensados sodes..., ¡acertastes!
Vanno ter difícil para votar...

sábado, 2 de abril de 2011

ANOMALÍAS NO CENSO ELECTORAL-LOBEIRA

En base a modificación da Lei Electoral de xaneiro pasado, o BNG de Lobeira fixo unha reclamación a oficiña do censo electoral constatando anomalías no censo do concello.
O INE (por medio da oficiña do censo electoral), ven de publicar os concellos con anomalías no censo electoral, e o de Lobeira é un deles. Agora vamos a presentar a reclamación alministrativa oficial con documentos ou probas que certifican que existen ditas anomalías, solicitando a exclusión do proceso electoral das persoas fraudulentamente censadas na bodega e casa do alcalde, no concello vello, en solares con casas derrubadas, etc.
A Delegación competente da OCE (oficiña censo electoral) debe resolver con premura, e en caso de desconformidade coa decisión final interporemos recurso contencioso-administrativo ante o xulgado nos prazos establecidos.
Saúde  

viernes, 1 de abril de 2011

MOCIÓN PARA DESMANTELAR O ENTRAMADO DO VELORIO

PREZOS NO VELORIO EN LOBEIRA: 400 € por servizo.
En Entrimo, velorio feito con cartos públicos (da deputación) coma o de lobeira, xestionado polo concello cunha ordenanza fiscal reguladora e cun traballador contratado, cobran 200 € aos usuarios, e aínda se plantexan rebaixar a tarifa para beneficio dos veciños do concello.
En Lobios, velorio dun empresario particular, feito con capital privado (inversión sobre 40 millóns das antigas pts.)  ….costa 320 € por depósito
En Bande, 2 velorios de particulares, feitos con capital privado.. (un cobra 320 € e o outro 400 €); curioso, o de 400 € é o mesmo empresario que ten adxudicado o velorio de lobeira (pero cando menos en Bande fixo unha inversión, en Lobeira non).
 En Lobeira:   ¡¡.....400 €......!!
Velorio feito con cartos públicos, construción, mobiliario e permisos, total sobre 149 mil euros (subvención da deputación), regalado a un particular, a un amigo do alcalde que cobra 400 €, unha taxa moi superior a dos outros concellos da comarca.
¿Qué explicación ten este feito?...., cando o alcalde dixo no pleno de abril 2010 que os veciños de lobeira terían unha bonificación dun 40% sobre o prezo oficial.
¿A qué ven esta discriminación?.  ¿E qué pensarán os usuarios do velorio deste trato discriminatorio? ¿E qué pensarán os veciños de Lobeira deste abandono por parte do concello?
O BNG de Lobeira, unha vez que recibíu a documentaicón relativa a adxudicación (cadro de prezos, documento no que se formalizou o contrato e as propostas presentadas polo adxudicatario e as outras empresas invitadas), presentou unha moción no pleno de outubro 2010 instando ao goberno do concello a desmantelar o entramado da adxudicación do velorio, e rescatar a concesión para proceder a unha xestión municipal cunha ordenandza fiscal reguladora do prezo do velorio o tratarse dunha inversión publica, feita con cartos de tódolos veciños.

MOCION RELATIVA SOBRE AS OBRAS A INCLUÍR NO FONDO DE INVERSIÓN LOCAL 2010

O punto 2 do artigo 9 do Real Decreto-Lei polo que se creou o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostentabilidade Local recollía que os concellos con poboación que non supere os  2.000 habitantes poderán financiar con cargo ao fondo obras de mellora da rede viaria municipal.
Para o Grupo Municipal do BNG no Concello de Lobeira, o arranxo e mellora do viario municipal repercute directamente na seguridade viaria e na seguridade das persoas usuarias, por canto se evitarían, en moitos casos, grandes rodeos para achegarse aos puntos de destino.
O FEIL 2010 permitía traballar na presentación de iniciativas que obedezan a demandas, necesidades ou reivindicacións veciñais, por iso o Grupo Municipal do BNG no concello de Lobeira propuxo ao Concello Pleno a inclusión de obras de construción e mellora dos viarios municipais no Fondo Estatal para o ano 2010:

·        Enlace entre a parroquia de Sanxés e Lobeira polo Groicio, coa variante de Vilariño.
·        Mellora do camiño de Filgueira e O Quintairo na parroquia de Santacruz.
·        Remate do enlace entre Taboazas e a pista de Pereira de Bande (700 Mts.)
·        Enlace entre Tedós e a Ponte Pedriña (ensanche e arranxo do camiño vello que vai polos paraxes denominados Carrís e a Veiga ata saír a carretera da Ponte Pedriña/Lobeira).
·        Ensanche da pista de enlace entre Torneiros e a vía provincial 1212.
·        Conexión entre a Fraga e Taboazas polo paraxe denominado Monte de Pena Bicuda (2,5 Km.)

O CONCELLO NON FIXO NIN A PRIMEIRA  
A LOBEIRA TOCÁRONLLE........ 111.026,00 €