Estimado veciño- veciña:
Como ben sabes o vindeiro 22 de maio celébranse eleccións municipais e preséntome como candidato a alcaldía de Lobeira encabezando a candidatura do BNG.
Lobeira necesita un cambio importante, e para iso o BNG basea os seus proxectos para Lobeira na potenciación dos recursos que temos no concello, apostando forte polo potencial dos nosos montes coa súa riqueza forestal, gandeira e turística. Queremos incidir, dende o goberno municipal, na dinamización económica e na política social e de servizos públicos. Defendemos unha economía produtiva que poña en valor os nosos recursos creando emprego, co reforzo do potencial turístico dos nosos montes, do noso patrimonio arqueolóxico, cultural e monumental.
Prestaremos especial atención aos servizos para os maiores, coa construción dun “Centro de Día” con prazas residenciais, facendo dos servizos públicos municipais o mellor exemplo da calidade de vida que aspiramos a conseguir para Lobeira.
Co voso apoio, vamos a conseguir unha transformación positiva de Lobeira. Xuntos conseguiremos un futuro mellor.
"O BNG de Lobeira é a única alternativa seria de goberno con garantía de éxito"
Antón Álvarez Álvarez
"O BNG de Lobeira é a única alternativa seria de goberno con garantía de éxito"
Antón Álvarez Álvarez
Supoño que se queredes chegar a gobernar teredes que pactar con outras forzas serias ou non!
ResponderEliminarPois a ver, home, a ver... que isto xa clama ó ceo e non hai Dios que aguante máis. Nin Dios nin concello. O que está quere levar a institución con il para o camposanto e non encontrou millor forma que non facer nada, e os outros non ten outras miras que demostrarlle a Baltar que son millores co que hai e que merecen ser integrados na organización terrorista, esí que unha de tres: ou BNG, ou desaparición do concello, ou máis baltarismo.
ResponderEliminarPero ti es membro do BNG de Lobeira, un simpatizante ou un analista político?
ResponderEliminarCreo que estaría ben que o blog funcionara sempre, non só durante os dous meses previos ás eleccións.
ResponderEliminarNaceu onte como ferramenta de información política e campaña electoral.
ResponderEliminarTendo en conta o número de entradas 164, onte 85 e hoxe van 79, pois o máis probable é que se manteña como medio de información con actualizacións periódicas, rápidas e precisas