Propostas do BNG para Parroquias Santacruz e Cabaleiros

PROPOSTAS DO BNG PARA PARROQUIAS DE SANTACRUZ E CABALEIROS

PARQUE INDUSTRIAL EN OS CHAOS. O BNG apoia a construción dun Parque Comarcal en Os Chaos. Pola contra, o grupo de goberno do PP no concello non levou ao pleno o apoio solicitado pola Plataforma Cidadá creada para reivindicar a construción dun Parque Empresarial en Os Chaos; apoio que si recibiron dos outros concellos da comarca. Ao PP de Lobeira non lle interesa a instalación dun parque industrial no seu termino municipal.
AREA LÚDICO-RECREATIVA E DE LECER no entorno do encoro das Conchas, con instalacións que permitan a práctica de deportes náuticos. Posta en marcha do “embarcadoiro” de Os Chaos e limpeza da área recreativa.
TERREOS PARA DOTACIÓNS NA PONTE PEDRIÑA: O BNG presentou no Concello un documento coas sinaturas dos veciños de Santacruz e Cabaleiros para cesión dos terreos necesarios no monte para construción de infraestruturas comarcais da Baixa Limia.
LOCAL DE ENSAIO como plataforma de difusión cultural en dependencias en desuso do poboado das Conchas; fomentar a creación de grupos musicais.
Compromisos do BNG de Lobeira para parroquia de Santacruz:
• Asuntos Sociais. Axuda no fogar: apoio a persoas e as familias con serias limitacións para realizar as súas actividades, potenciando a autonomía persoal.
• Abastecemento auga corrente na Pontepedriña.
• Arranxo, manteñemento e limpeza das fosas sépticas.
• Arranxo das fontes dos lugares e limpeza de camiños e pistas en xeral.
• Axudas para rehabilitación de casas antigas, antes que construír.
• Remate rede de sumidoiros en Labandeira; arranxo fonte de Carreiras.
• Camiño de Filgueira ata o Quintairo. Camiño de Viñoá en Tedós ata Pontepedriña.
• Desbroces para cazadores e gandeiros.
En Ermille: camiño de Cacheiró ata a canella da Cal e solución ao problema da fosa séptica e da rede de sumidoiro.
GAIÁS: solución ao abastecemento de auga corrente. Camiño da Pousa e camiño de Cimadevila. Arranxo poza e fonte en Cimadevila. Arranxo poza e fonte en Gaiás debaixo. Remate pista en Gaiás debaixo.
OS CHAOS: rehabilitación do forno. Arranxo tubarias de regadío na pista nova. Arranxo e limpeza camiño dende Fradalvite a Os Chaos.
CABALEIROS: Remate da rede de sumidoiros. Fonte do lugar darriba, poza e accesos a fonte. Pista de Baldoi e recuperación do Poldrado sobre o Río de Grou. Axuda para novas captacións de auga corrente e construción dun novo depósito. Camiño de Cabaleiros a Santacruz. Arranxo e limpeza de camiños en xeral.
Os candidatos do BNG da parroquia de Santacruz son Fátima Rodríguez da Ponte, Dolores Feijóo de Gaiás, Lito e Iago Fernández de Santacruz Jaime Cristino de Ermille.

jueves, 7 de abril de 2011

Fraude electoral con probas

Aparte das dúas persoas que censou na casa da noiva en Senderiz, o Sr. Alcalde, dende setembro a novembro 2010, censou no fondo de As Quintas, na casa do seu "concuño", a seis (6) persoas que ninguén do pobo coñece. Deso non fala nada na prensa, das persoas que censou en Lobeira de xeito anómalo; só fala que non é unha bodega, que é unha casa vella axeitada.., bueno, cando menos recoñece que censou xente, que tamén é unha proba.
O incremento do censo en Lobeira é especialmente polémico, non só polo volume dos novos empadroamentos (78 no último ano), senón tamén polos sitios ou dependencias onde se producen as altas. Non podemos aceptar correccións baseadas en declaracións xuradas de residencias asinadas, ou con cambios de residencia voluntarios dos implicados, nin tampouco certificacións de residencia expedidos polo concello porque suporía falsidade de documento público.
No caso que nos ocupa, só aceptaremos que o concello dea de baixa os empadroamentos irregulares por cambio de residencia, que non son todos, aparte de solicitar a exclusión dos censados na bodega e casa do alcalde, no concello vello, no solar sen casa, na casa do cuñado de As Quintas, na casa da noiva, etc.
Unha persoa que reside en Ourense, que nada ten que ver con Lobeira, e que acaban de adxudicarlle a dirección do módulo de xardinería do obradoiro de emprego, pretenda xustificar cambio de residencia empadroándose na casa do alcalde................¿como lle chamades a isto? FRAUDE ELECTORAL, así está tipificado na reforma da lei electoral.
Tamén pode ser que queira pagar con votos o posto de traballo.

1 comentario:

  1. As cousas hai que decilas así de claras. O Sr. Higuero cada vez que abre a boca á prensa e para deixar en evidencia a realidade e facer o ridículo. A sua credibilidade é cero.
    Agora soamente falta que o BNG leve ás instancias contencioso-administrativa e xudiciais as irregularidades que coñece. Por desgraza non existe no Concello outra forza política de oposición, que poida facer este traballo, despois do "pase mi si" da Concelleira elexida para representar ao PSOE e do feito que as candidaturas de Agrupacións de Electores se formalizan unha vez pechado o plazo de presentación de reclamacións. ¡Adiante amigos e lobeirenses!

    ResponderEliminar