Propostas do BNG para Parroquias Santacruz e Cabaleiros

PROPOSTAS DO BNG PARA PARROQUIAS DE SANTACRUZ E CABALEIROS

PARQUE INDUSTRIAL EN OS CHAOS. O BNG apoia a construción dun Parque Comarcal en Os Chaos. Pola contra, o grupo de goberno do PP no concello non levou ao pleno o apoio solicitado pola Plataforma Cidadá creada para reivindicar a construción dun Parque Empresarial en Os Chaos; apoio que si recibiron dos outros concellos da comarca. Ao PP de Lobeira non lle interesa a instalación dun parque industrial no seu termino municipal.
AREA LÚDICO-RECREATIVA E DE LECER no entorno do encoro das Conchas, con instalacións que permitan a práctica de deportes náuticos. Posta en marcha do “embarcadoiro” de Os Chaos e limpeza da área recreativa.
TERREOS PARA DOTACIÓNS NA PONTE PEDRIÑA: O BNG presentou no Concello un documento coas sinaturas dos veciños de Santacruz e Cabaleiros para cesión dos terreos necesarios no monte para construción de infraestruturas comarcais da Baixa Limia.
LOCAL DE ENSAIO como plataforma de difusión cultural en dependencias en desuso do poboado das Conchas; fomentar a creación de grupos musicais.
Compromisos do BNG de Lobeira para parroquia de Santacruz:
• Asuntos Sociais. Axuda no fogar: apoio a persoas e as familias con serias limitacións para realizar as súas actividades, potenciando a autonomía persoal.
• Abastecemento auga corrente na Pontepedriña.
• Arranxo, manteñemento e limpeza das fosas sépticas.
• Arranxo das fontes dos lugares e limpeza de camiños e pistas en xeral.
• Axudas para rehabilitación de casas antigas, antes que construír.
• Remate rede de sumidoiros en Labandeira; arranxo fonte de Carreiras.
• Camiño de Filgueira ata o Quintairo. Camiño de Viñoá en Tedós ata Pontepedriña.
• Desbroces para cazadores e gandeiros.
En Ermille: camiño de Cacheiró ata a canella da Cal e solución ao problema da fosa séptica e da rede de sumidoiro.
GAIÁS: solución ao abastecemento de auga corrente. Camiño da Pousa e camiño de Cimadevila. Arranxo poza e fonte en Cimadevila. Arranxo poza e fonte en Gaiás debaixo. Remate pista en Gaiás debaixo.
OS CHAOS: rehabilitación do forno. Arranxo tubarias de regadío na pista nova. Arranxo e limpeza camiño dende Fradalvite a Os Chaos.
CABALEIROS: Remate da rede de sumidoiros. Fonte do lugar darriba, poza e accesos a fonte. Pista de Baldoi e recuperación do Poldrado sobre o Río de Grou. Axuda para novas captacións de auga corrente e construción dun novo depósito. Camiño de Cabaleiros a Santacruz. Arranxo e limpeza de camiños en xeral.
Os candidatos do BNG da parroquia de Santacruz son Fátima Rodríguez da Ponte, Dolores Feijóo de Gaiás, Lito e Iago Fernández de Santacruz Jaime Cristino de Ermille.

viernes, 1 de abril de 2011

MOCIÓN PARA DESMANTELAR O ENTRAMADO DO VELORIO

PREZOS NO VELORIO EN LOBEIRA: 400 € por servizo.
En Entrimo, velorio feito con cartos públicos (da deputación) coma o de lobeira, xestionado polo concello cunha ordenanza fiscal reguladora e cun traballador contratado, cobran 200 € aos usuarios, e aínda se plantexan rebaixar a tarifa para beneficio dos veciños do concello.
En Lobios, velorio dun empresario particular, feito con capital privado (inversión sobre 40 millóns das antigas pts.)  ….costa 320 € por depósito
En Bande, 2 velorios de particulares, feitos con capital privado.. (un cobra 320 € e o outro 400 €); curioso, o de 400 € é o mesmo empresario que ten adxudicado o velorio de lobeira (pero cando menos en Bande fixo unha inversión, en Lobeira non).
 En Lobeira:   ¡¡.....400 €......!!
Velorio feito con cartos públicos, construción, mobiliario e permisos, total sobre 149 mil euros (subvención da deputación), regalado a un particular, a un amigo do alcalde que cobra 400 €, unha taxa moi superior a dos outros concellos da comarca.
¿Qué explicación ten este feito?...., cando o alcalde dixo no pleno de abril 2010 que os veciños de lobeira terían unha bonificación dun 40% sobre o prezo oficial.
¿A qué ven esta discriminación?.  ¿E qué pensarán os usuarios do velorio deste trato discriminatorio? ¿E qué pensarán os veciños de Lobeira deste abandono por parte do concello?
O BNG de Lobeira, unha vez que recibíu a documentaicón relativa a adxudicación (cadro de prezos, documento no que se formalizou o contrato e as propostas presentadas polo adxudicatario e as outras empresas invitadas), presentou unha moción no pleno de outubro 2010 instando ao goberno do concello a desmantelar o entramado da adxudicación do velorio, e rescatar a concesión para proceder a unha xestión municipal cunha ordenandza fiscal reguladora do prezo do velorio o tratarse dunha inversión publica, feita con cartos de tódolos veciños.

1 comentario:

  1. Esta é un dos disparates máis grandes de todos canto se teñen feito en Lobeira. A Alcaldía limitase a dicir que todo se fixo dentro da legalidade. Que expliquen as diferenzas que aparecen entre os documentos iniciais e os aparecidos logo. Era un contrato legal ou tiveron que modificalo pra dar sensación de legalidade? A quen lle queren tomar o pelo os nosos munícipes?

    ResponderEliminar